Críticas nas redes á Xunta por non pechar a Coruña e aos incívicos ante o incremento disparado dos casos

"A decisión de non confinar A Coruña está siendo un éxito se o obxectivo era que o virus se espallara", comentan.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

Galicia supera xa está preto dos 2.500 contaxios por covid logo de semanas nunha senda de crecemento que non dá mostras de ir remitir no curto prazo. Ante esta circunstancia -que se manifesta de xeito especialmente marcado na área sanitaria da Coruña e Cee- usuarios das redes sociais veñen de estalar contra os que consideran os principais responsables: a Xunta e os que incumplen as normas sanitarias. 

Botellón, recurso
Botellón, recurso

Nas críticas ó Goberno de Feijóo destacan especialmente os ataques á decisión do executivo autonómico de non confinar A Coruña, onde xa se concentran máis da metade dos casos de toda Galicia. Nos últimos días coñeceuse tamén un novo gromo de importancia na localidade de Melide, que ocupa tamén varias das mensaxes dos internautas.

Ante a aproximación do curso escolar, as críticas dos tuiteiros tamén tomaron como branco a Consellería de Educación, foco dos ataques de Anpas e sindicatos sobre todo logo de que a Xunta demandara un procotolo base ó Goberno central.

Con todo, as redes non só responsabilizan ó executivo autonómico do mal curso da pandemia. Tamén hai quen apunta directamente ás prácticas pouco responsables que fomentan a propagación do virus, como é o botellón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta