Polémica en redes pola denuncia a un local de Ourense: "non me atenderon por falar en Galego"

"La loca del BNG", entre os agravios que afirma ter recibido a denunciante.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Novo enfrontamento en redes sociais a raíz dun conflito lingüístico. O derradeiro episodio vén de xestarse no concello ourensán de Barbadás, no extrarradio da cidade auriense. Segundo denuncia unha veciña da cidade, un restaurante situado no barrio da Valenzá "negouse" a atendela por ter empregado a lingua galega á hora de facer un pedido.

Captura de pantalla do tweet no que unha muller denuncia que non a atenderon nun local por falar en galego
Captura de pantalla do tweet no que unha muller denuncia que non a atenderon nun local por falar en galego | Fonte: twitter

Segundo avanzou a muller nun chío -que dende o pasado sábado acumula centos de comentarios- o conflito coa propietaria do restaurante xurdiu a raíz dunha conversa telefónica para desenvoler un pedido. Unha vez especificados os pratos, á hora de sinalar un enderezo para entregar a comida, a dona do local -de orixe italiana- pediulle á muller que "falara español" ante a dificultade para comprender o nome da rúa sinalada.

A propietaria do local, que apuntou entón que "non compredía" o galego, pediulle á autora do chío -segundo apunta esta mesma nun post de Facebook- que falara castelán, algo ó que a denunciante se negou. "Galicia es España y tú eres española", espetoulle a dona do restaurante logo de que a muller pedira falar con alguén en galego porque "en Galicia debías entender".

O conflito, sempre segundo a versión da autora do fío, saldouse cunha nova interpelación na que a propietaria do restaurante acusou á outra muller de ser "a tola do BNG". Entre as respostas ó fío cóntanse múltiples mostras de apoio á muller, entre elas da Mesa pola Normalización Lingüística, que ofrece á autora do chío a posibilidade de tramitar unha queixa

Con todo, nas respostas ó chío tamén se contaron testemuñas e opinións que contrastan coa ofrecida pola muller.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

2 Moine

Manda carallo..! Falar a Língua própria do País é causa de aldragem. Que gentinha... está ao frente dos negocios!

1 galeguiña

Pois sí que semella ser tola, ou polo menos, comportouse como tal. Se a muller italiana pediulle que falara español para lle aclarar o asunto do enderezo, non vexo eu qué problema ten a denunciante en facelo. Bueno... sí o sei, chámase intolerancia, prexuizos e mala educación. O feito de se sentir agraviada por que a dona do restaurante lle fixese tal petición e de lle lembrar a súa nacionalidade (algo totalmente obvio) fala ben ás claras do talante da denunciante. Os comentarios doutros clientes dese local van en sentido oposto ao que dí esta mulleriña, polo que teño de deducir que, polo menos nesta ocasión e coa información que aporta este diario, o de tola do BNG non vai moi desencamiñado.

1 galeguiño

Primeiro non é unha "mulleriña", é unha muller. E segundo, o problema foi como lle esixiu que falase español, dun xeito despótico, que estarás dacordo que é moi grave. E terceiro, todas as empresas no territorio (por lei están na obriga de facilitar servizo en galego se nós o solicitarmos, todo o contrario que pasou. E cuarto, ao transformar a vítima/vitimizada en culpada e insultala estás a definir cal é o teu sentido de sociedade e xustiza, que tamén poderíamos encadrar unha etiqueta que non che había de gustar moito e que imos omitir para non estar á altura do teu comentario. Bo día.

2 nostrus

Galleguito, yo creo que tienes un error y ninguna empresa esta obligada a hablarte a ti en gallego. Tampoco esta obligada a responderte "sin pecado concebida" si tu al entrar le dices "ave Maria purisima". Si es por vosotros exigiríais que para ejercer de camarero haya que saber hablar gallego. Para que luego os moleste que os acusen de f.scistas.

3 Sentidiño

Cánta razón tes, voxtrus! Van acabar por esixirlle aos camareiros de nuestro territorio nacional (Ibiza, Marbella, Magaluf,...) mesmo que falen inglés para poderen traballar!!! Estes nacionalistas só saben levantar fronteiras!

4 nostrus

Sentidiño, esixirlle a un camareiro que saiba inglés depende só da empresa que o queira contratar, pero os do bloque non tedes competencias para elo e os clientes o único direito que teñen é non voltar a ese establecemento. De todos modos paréceme mais razonable esixirlle a un camareiro que saiba falar inglés que esixirlle que saiba falar galego.

5 Amancio

Eis o que defenden os galleguiños e os "nostrus" para os que falamos galego. Es galegofalante? Pois se che exixen falares en español mudas a lingua e calas a boca. E despois encherán a boca cos cidadáns de primeira e de segunda. Habería que velos se a dona do bar tivese exixido que falase o galego. Nacionalista radical tería sido o mínimo que lle terían dedicado.