Denuncian a "nefasta" xestión do Sergas ante o virus: "non sei se o teño porque non me fan a PCR"

Teléfonos que soan "durante horas" e contactos estreitos con positivos que "non requiren PCR", entre as denuncias dos tuiteiros á Consellería.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Primeiras denuncias contra a xestión da pandemia por parte do Servizo Galego de Saúde (Sergas). Múltiples usuarios de twitter veñen poñendo o acento sobre unha serie de deficiencias na atención ós posibles casos de covid que, destacan, deriva nunha xestión "nefasta"; panorama moi distinto ó defendido pola Xunta de Galicia

Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA
Realización do test COVID na segunda onda do estudo epidemiolóxico do Sergas nun centro de saúde de Galicia.. CEDIDA | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Entre as denuncias dos usuarios destaca, en primeiro lugar, a escasa atención prestada a través dos teléfonos dispostos polo Sergas para desenvolver os rastrexos e trazar o percorrido do virus. "4 horas de chamada a 4 números distintos", apunta unha usuaria que estivo en contacto cun positivo. 

De forma paralela, os tuiteiros critican a escasa dispoñibilidade das PCR, que -denuncian- son negadas mesmo a persoas que estiveron en contacto directo con outros individuos moi propensos a ter contraído a enfermidade, como é o caso da autora do fío seguinte.

Esta circunstancia deriva, segundo apuntan outros usuarios, en familias que "tiveron que pagar" para someterse ás probas e pacientes que toman a iniciativa ante o silencio do servizo médico público.

Ante estes feitos, algúns usuarios consideran que os servizos anunciados pola Consellería de Sanidade non se corresponden cos que realmente están a ser ofrecidos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 maría alonso

si feijoo di que todo vai sobre rodas, e que todo vai sobre rodas e os que o criticáis sondeis todos uns rojos que solo saben criticar e todo eso que pondeis no twitter son inventos masónicos