Tres positivos por COVID-19 na Deputación de Pontevedra

Pola súa parte, o Goberno local de Pontevedra decidiu suspender a celebración da 21ª Feira Franca, que se ía a celebrar o próximo 5 de setembro.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/08/2020 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A Deputación de Pontevedra informou da existencia de tres positivos confirmados por COVID-19 en traballadores da institución provincial, polo que activou os protocolos correspondentes á normativa sanitaria.

Diso informou nun comunicado remitido aos medios, no que explica que, no primeiro dos casos, a persoa que deu positivo nas probas atopábase en período de vacacións e non tivo ningún contacto co resto do persoal. Nos outros dous, segundo detallou a institución provincial, trátase de persoas que realizan as súas funcións en servizos externos.

Ademais, o servizo de prevención da Deputación de Pontevedra tamén informou do seguimento doutro caso, por contaxio dunha persoa da súa familia, que está en estudo e á espera das probas preceptivas.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto ao alcalde de Lalín, Xosé Crespo. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

ANULACIÓN FEIRA FRANCA

O Goberno local de Pontevedra decidiu suspender a celebración da 21ª Feira Franca, que se ía a celebrar o próximo 5 de setembro. "Somos conscientes de que a situación epidemiolóxica en Galicia e no Estado español é mala", explicou a concelleira de Festas, Carme da Silva, para xustificar que se toma esta decisión "por responsabilidade e para que non haxa ningún tipo de confusión e que a xente non pense que vai ser un sábado de festa nas prazas e nas rúas".

Esta medida chegou só unha semana despois de que a edil de Festas anunciase a posta en marcha dunha Feira Franca que, adaptada ao protocolo sanitario, prescindía do espectáculo inaugural e do desfile que escenificaba o transporte do viño polas rúas do casco antigo. Carme da Silva cualificou de "dolorosa" esta decisión que afecta os actos e actividades "simbólicos" que se ían a manter, como a decoración do centro histórico da cidade e os pasacalles.

"A cousa non vai ben", insistiu Carme da Silva, sobre os rebrotes, o que levou a "reconsiderar a pequena programación" prevista. "Levamos un verán de actividades moi intensas e non sería responsable trasladar socialmente que hai unha festa cando non é así", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Supoño que non farán PCRs en Toralla? Ao mellor entre os visitantes madrileños e a xente que vive en Barcelona que enchen a illa no verán igual atopábamos máis dun POSITIVO ! Pero claro o acceso á illa de Toralla sigue sendo PRIVADO ! https://flic.kr/p/vQcy8E A mesma política de exclusividade que mantén o BNG na illa Pancha en Ribadeo ! Casualidades