Uns 4.000 profesores da provincia de Ourense terán que pasar o cribado da COVID antes do curso escolar

A xerencia sanitaria de Ourense estima que na tarde deste luns pasen case 400 docentes polo centro sanitario para a realización de probas.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/08/2020 | Actualizada ás 16:44

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras comeza na tarde este luns o cribado mediante test rápidos de anticorpos de dobre banda a todo o persoal docente dos distintos centros educativos da provincia co obxectivo de determinar as posibles infeccións por COVID-19 antes de empezar o curso escolar.

O test inícianse a diario en quenda de tarde no servizo de extraccións do laboratorio de análises clínicas da Santa María Nai e en quenda de mañá e tarde durante o sábado e domingo.

A xerencia sanitaria de Ourense estima que na tarde deste luns pasen case 400 docentes polo centro sanitario para a realización de probas.

Este cribado farase tamén nas próximas semanas nos hospitais de Verín e Valdeorras, onde será citado o persoal docente que teña fixada a súa residencia nos concellos limítrofes. En total, pasarán ao redor de 4.000 mestres e profesores.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta