Rescatan con helicóptero un sendeirista tras caer na Pobra do Caramiñal

Ademais, recibiu un forte golpe nas costas, polo que se pedía asistencia médica urxente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 19:59

Comparte esta noticia

Un mozo sufriu este luns unha grave caída ao escorregar no tobogán natural das pozas do Río Pedras, na Pobra do Caramiñal. Ante as dificultades para executar unha evacuación por terra, optouse polo desprazamento do helicóptero Pesca-I, que levou a ferido ao Hospital do Barbanza.

Segundo informa o 112, foi pasados uns minutos das 13,00 horas cando os acompañantes do ferido chamaron para solicitar axuda. Indicaron que o mozo escorregou e caeu nas piscinas naturais do Río Pedras e iso fíxolle perder o coñecemento.

Ademais, recibiu un forte golpe nas costas, polo que pedían asistencia médica urxente.

Con todo, o 112 indica que facer chegar esta axuda ao lugar no que se atopaba o mozo era complexo polas condicións do terreo e os accesos reducidos para os equipos de emerxencias que se desprazaron por terra. Deste xeito, solicitouse a colaboración dos efectivos de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia, que enviou á zona o helicóptero Pesca-I para rescatar ao novo.

A chamada dos compañeiros do ferido ao 112 Galicia permitiu activar un operativo no que, a maiores dos efectivos do Servizo de Gardacostas, interviñeron os Bombeiros de Ribeira e Boiro, os axentes da Policía Local e da Garda Civil, voluntarios de Protección Civil e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Rescate dun mozo que facía sendeirismo.. GARDACOSTAS DE GALICIA
Rescate dun mozo que facía sendeirismo.. GARDACOSTAS DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta