A Xunta insiste en desviar responsabilidades e pide ao Goberno máis financiamento para as residencias de maiores

Aínda máis, a Consellería de Política Social quere que o Executivo central "dea a coñecer os datos do impacto do coronavirus nas residencias".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2020 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A conselleira de Política Social, Fabiola García, pediu ao Goberno central máis financiamento para adaptar as residencias de maiores e os demais servizos sociais "á nova realidade" no contexto da pandemia da COVID-19.

Fíxoo aproveitando a reunión por videoconferencia celebrada este luns co secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez, e co resto de comunidades.

Ademais, segundo informa a consellería nun comunicado remitido ao termo do encontro, "Galicia solicitou tamén que a Administración estatal dea a coñecer os datos do impacto do Coronavirus nas residencias, que as comunidades autónomas comezaron a achegar fai máis de catro meses e que aínda non se fixeron públicos".

Pola súa banda, reivindicou os protocolos de prevención e resposta dos que dispón Galicia para estes centros, tanto para maiores como para persoas con discapacidade.

A conselleira de Política Social  mantén unha reunión por videoconferencia co secretario de Estado de Dereitos Sociais e ou resto de CCAA. DAVID CABEZÓN @ XUNTA
A conselleira de Política Social mantén unha reunión por videoconferencia co secretario de Estado de Dereitos Sociais e ou resto de CCAA. DAVID CABEZÓN @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta