Os socorristas da Coruña retoman o venres a folga indefinida por falta de pagamento das horas extra

Din que chegaran "a un acordo ao comezo da tempada de verán que a empresa rompeu de forma unilateral".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 25/08/2020 | Actualizada ás 13:26

Comparte esta noticia

O comité de empresa do servizo de Salvamento e Socorrismo dos areais da Coruña retomará o venres a folga indefinida por negarse a empresa, segundo explican, a pagar as horas extra. A folga suspendérana con anterioridade para facilitar as negociacións, explican nun comunicado.

Ante a "ausencia" de avances, "xa que a empresa recoñece que deben as horas extra que están a facer para poder levar a cabo o servizo requirido polo concello", afirman que optaron por convocar de novo a folga.

Respecto diso, aseguran que a súa reclamación obedece á realización de máis horas das recollidas en convenio e respecto das que, aseguran, chegaran "a un acordo ao comezo da tempada de verán que a empresa rompeu de forma unilateral". Por iso, afirman que retoman a folga indefinida a partir do venres á espera de que o concello, co que teñen concertada unha reunión para o xoves, "medie e resolva o conflito".

Praia da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo
Praia da Coruña. CONCELLO DA CORUÑA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta