A Xunta insiste en desviar responsabilidades e critica o "desentendemento absoluto" do Goberno

Asegura que o executivo de Sánchez está a "deixalo todo nas comunidades".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2020 | Actualizada ás 14:50

Comparte esta noticia

O vicepresidente en funcións da Xunta, Alfonso Rueda, apunta que levan "pedindo desde hai moitísimo tempo" ao Executivo central que se aposte pola cogobernanza fronte ao coronavirus, xa que se pasou "da intervención absoluta do Goberno, onde as comunidades autónomas non tiñan nada que dicir, ao desentendemeento absoluto e deixalo todo nas comunidades". "Nin unha cousa nin a outra", quéixase.

Así se expresou este martes a preguntas da prensa nunha visita a Marín, na que informou sobre investimentos en infraestruturas no municipio. De tal modo, Rueda reclamou ao Goberno "coordinación" para facer unha aplicación "homoxénea" de diferentes cuestións ante a incidencia da pandemia. Aquí, pon como exemplo o inicio do curso escolar. "Ao final isto non é operativo", avisa o vicepresidente da Xunta, que remarca que as comunidades teñen as súas "responsabilidades", pero ten que ser "coordinados entre todos".

GROMOS

Alfonso Rueda. Xunta de Galicia - Arquivo
Alfonso Rueda. Xunta de Galicia - Arquivo

Cuestionado sobre se o Goberno galego prevé incrementar restricións ante o aumento dos brotes, Rueda aclarou que "non hai nada en perspectiva máis aló de ir analizando periodicamente". "E se a situación é especialmente grave nun sitio tomar decisións como xa se tomaron en dúas ocasións", en referencia ao ocorrido na Mariña e a comarca da Coruña.

Resalta que preocupan todos os brotes en Galicia, polo que a Xunta tomará "sen ningunha dúbida" as decisións que sexan necesarias "escoitando ao comité clínico". Mostrou o seu desexo de que a situación "mellore", pero "se non o fai" que se actúe con "pasos planificados". A preguntas da prensa en relación con queixas de alcaldes do Salnés e Pontevedra sobre falta de información de brotes, dixo que existe unha "coordinación" cos rexedores, aínda que destacou que a situación aquí non preocupa máis que outras zonas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta