A reserva dos encoros galegos baixa do 70%, a pesar das chuvias e a borrasca da pasada semana

A conca de Miño-Sil perdeu capacidade mentres que a de Galicia Costa gañou, aínda que a súa capacidade é menor a do pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A reserva hidráulica dos encoros galegos baixa ata quedar esta semana no 69,6%, segundo os datos publicados este mércores polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

No caso da conca de Miño-Sil, a máis abundante en Galicia, perde 28 hectómetros cúbicos na última semana e queda en 2.146, ao 70,8% da súa capacidade. Con todo, esta reserva está por encima do ano pasado a estas alturas e da media da última década.

No tocante aos encoros de Galicia Costa, presentan un lixeiro repunte de dous hectómetros cúbicos respecto de fai sete días, polo que alcanza os 440 hectómetros cúbicos (o 64,3%). Neste caso, supón unha cantidade menor á do ano pasado e á media dos últimos 10 anos.

As precipitacións foron abundantes na vertente atlántica e escasas na mediterránea neste sete días. A máxima produciuse en Santiago de Compostela con 60,2 litros por metro cadrado.

Reserva hidráulica na semana do 26 de agosto. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA
Reserva hidráulica na semana do 26 de agosto. MINISTERIO PARA A TRANSICIÓN ECOLÓXICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta