Un bar de Arteixo con simboloxía franquista acende a polémica: "eu respecto ós rojos", di o dono

O local porta bandeiras preconstitucionais e lemas como "Una grande y libre". O dono négase a retiralas: "aínda vou poñer máis". Críticas por permitir Estrella Galicia compartir logo e espazo con lemas fascistas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

"Una grande y libre". "Todo por la patria". "Viva España". Son tantos os lemas que poboan o toldo de O' Ferrador que é complexo discernir dun primeiro vistazo o nome do local. Este establecemento, localizado na estrada que conecta as praias de Caión e Barrañán (Arteixo) vén de saltar á polémica en redes pola misma razón que leva ós condutores que circulan por diante del a reducir o paso e quedar mirando: a simboloxía franquista da súa fachada.

Bar con simboloxía franquista en Arteixo
Bar con simboloxía franquista en Arteixo | Fonte: O Ferrador

E é que o local- coñecido no mundo do motociclismo por ser espazo de reunión nas convencións moteiras- está adornado tanto polos lemas antes descritos como por multitude de bandeiras de España; algunhas legalmente vixentes, outras coa Aguia de San Xoan, empregada polos Reis Católicos e recuperada polo Franquismo. Os símbolos preconstitucionais, con todo, comparten espazo con posters de Marc Márquez e -e aquí reside a polémica- o logotipo de Estrella Galicia.

O conflito saltou ás redes da man dunha usuaria que interpelou á compañía fermenteira a explicar a convivencia entre mensaxes e logotipo no toldo do local.

Axiña se sumaron mostras de apoio á denuncia da tuiteira.

O alegato, con todo, recibiu á súa vez burlas e rexeitamento.

Na conversa participou o propio dono do local.

O DONO, FRANQUISTA "DE PURA CEPA"

José Manuel, propietario do establecemento, destaca que dispuxo as bandeiras preconstitucionais durante a pandemia pero "non para vender nin para chamar atención", senón "por puras ideas". "Son franquista de pura cepa, teño o que teño por Franco", destaca o dono, que di "non entender" as reaccións negativas de tuiteiros e viandantes. "Eu podo non estar de acordo coas súas ideas pero sempre respecto", destaca.

Malia as críticas, José Manuel subliña que non pensou en retirar as bandeiras nin os lemas: "para que saque as bandeiras terán que vir con cañóns. Aínda estou pensando en poñer algunha máis". O código legal español non castiga a exhibición de simboloxía franquista sempre e cando non constitúa un delito de odio por instar á violencia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

9 miñoca

Franquista e tarugo

8 César

A apoloxia do franquismo non é liberdade de expresión é un intento de branquear unha dictadura sanguenta, que detiña, torturaba e executaba aos disidentes. As galegas e galegos debemos rexeitar as ideoloxias fascistan que pretendan someter ao noso povo.

7 Chafistofeles

La Bandera de España no es símbolo ideológico ni representa posición política alguna. La bandera ahí donde esté representa el derecho que tenemos todos los españoles de ser representados por un Estado democrático, que respeta las libertades y nos garantiza igualdad ante la ley. Ahí donde esté se respeta esto. Donde no esté es todo lo contrario, allá el pobre diablo que no lo sepa.

1 Sentidiño

Comezas a pillar o noso uso da ironía, pero aínda che queda un pouquiño... Aproveita esta etapa vital tan chea de curiosidade para aprenderes galego. Moito ánimo!

6 eduardo

en eso estou dacordo ferrador respetar as ideas dos demais SEMPRE

5 Topo

Mucho tuit pero seguro que nadie fue a denunciar legalmente