Unha plataforma de pais pide que non se tomen represalias por non mandar os fillos á escola

Piden que se favoreza a posibilidade de elección ás familias.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/08/2020 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

Un grupo de portavoces da plataforma Dereito a Ensino sen Risco de Pandemia entregou este mércores preto de 2.500 firmas recollidas de forma presencial por toda Galicia durante a última semana, en apoio a que os proxenitores poidan elixir se envían ou non aos seus fillos aos centros durante a situación sanitaria na que se atopa o territorio e mentres non se garante a seguridade ante a COVID-19.

En reivindicación do dereito á saúde, dentro deste grupo de pais atópanse posicións diferentes, posto que parte deles recorrerá á presencialidade e outros demandan que se favoreza a educación a distancia. Non obstante todos eles reclaman que se favoreza a posibilidade de elección ás familias, polo menos mentres dure este período de pandemia, e así o solicitaron a través de escritos presentados ante diversas institucións, como a Valedora do Pobo ou a Administración galega.

Segundo trasladaron a Europa Press, ascenden a 30.000 en toda España que se organizaron para protestar polo que cren "inxusto": unha volta ás aulas "totalmente insegura". Cada un conta cos seus propios motivos, ben sexa por tratarse de persoas de risco, por compartir domicilio con colectivos vulnerables ou familiares con algunha patoloxía e de avanzada idade ou porque considera que o centro "non é un lugar seguro" para os pequenos neste momento de incidencia.

"Pedimos poder elixir e que se asegure o mellor posible o dereito á saúde e á vida, que se fagan as aulas seguras e se lles de seguridade académica a aqueles que estean atendidos desde casa", defenden.

Os asinantes esixen que se adopten os protocolos sanitarios e educativos adecuados para un inicio do curso seguridade, tanto presencial como telemático, con garantías efectivas para a saúde dos membros da comunidade educativa que acudan aos centros e o dereito ao ensino dos nenos, sobre todo ante unha posible segunda onda da epidemia.

Un alumno de bacharelato
Un alumno de bacharelato | Fonte: Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta