Brutal caída da economía galega no segundo trimestre: o PIB cae un 14,5%

A caída a nivel estatal foi maior, do 18,5%.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O produto interior bruto (PIB) galego baixou un 14,5% no segundo trimestre do ano en relación co primeiro, o que supón un caída catro puntos inferior á da media, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).

O segundo trimestre estivo marcado pola pandemia da COVID-19, e o descenso da economía no conxunto estatal foi do 18,5%, de acordo co dato de avance que publicou o INE.

Billetes de euro. EUROPA PRESS - Arquivo
Billetes de euro. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

CAEN TODOS OS SECTORES

No que respecta á oferta, todos os sectores anotáronse taxas negativas, co primario como o menos afectado (-2%). Pola contra, os servizos caeron un 16,5%, cun maior impacto nas actividades que tiveron cesamento de actividade desde a segunda quincena de marzo (comercio, transporte e hostalaría rexistraron unha caída do 38,3%). A industria baixou un 19,7% e o sector da construción, un 23,2%.

O emprego, medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo, reduciuse un 22,5% no segundo trimestre e as ramas de actividade en que máis baixou foron as relacionadas con comercio, transporte e hostalaría (-36,9%) e actividades artísticas, recreativas e outros servizos (-30,7%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta