Hai ou non segunda onda?... Galicia xa roza os 3.000 casos activos ao sumar outros 141 positivos

As áreas da Coruña, Lugo e Santiago seguen sendo as máis afectadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 12:21

Comparte esta noticia

Os casos activos de COVID en Galicia proseguen en aumento este xoves, con 141 máis, e sitúanse en 2.939, despois de incrementarse os contaxios en todas as áreas sanitarias galegas. Un incremento de casos que leva sendo importante na última semana cunha media de case 200 casos ao día.

Así se desprende dos datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade, que indican que do total de pacientes positivos, 12 seguen en UCI --un menos que este mércores--, 95 atópanse en unidades de hospitalización convencional --11 máis--, e 2.832 en seguimento domiciliario --131 máis respecto da xornada anterior--.

Dos 2.939 casos activos, 1.304 corresponden á área da Coruña e Cee --29 máis que este mércores--; 482 á de Lugo --41 máis--; 404 á de Santiago --22 máis-- 185 á de Vigo --oito máis--, 179 á de Pontevedra e O Salnés --14 máis--; 266 á de Ourense --23 máis--; e 119 á de Ferrol --catro máis--.

Sanidade sinalou que, ata o momento, curáronse en Galicia 12.183 persoas, 97 máis que a xornada pasada. Desde o inicio da pandemia morreron con COVID-19 en Galicia 635 persoas, das que 279 eran usuarios de centros residenciais. Destes últimos, 135 afectados faleceron dentro de centros xeriátricos, a última este mércores, unha muller de 93 anos en Orpea Culleredo.

Do total de 2.939 casos activos na Comunidade galega, este xoves 139 están vinculados a centros residenciais, en relación a 99 usuarios e 40 traballadores. O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 317.307 fronte ás 312.766 contabilizadas ata este mércores, segundo os datos actualizados por Sanidade.

Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press
Unha sanitaria prepara probas PCR en Monforte de Lemos (Lugo).. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta