Pontevedra destinará 30.000€ ao mes a limpar os parques infantís mentres "non mellore a situación" sanitaria

Unha empresa privada desenvolve a desinfección ao longo da noite.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 13:09

Comparte esta noticia

A nova normalidade trouxo consigo unha serie de obrigas a nivel hixiénico que ata fai uns meses eran impensables. Á parte das esixencias puramente individuais, concellos e demais autoridades están tendo que dedicar parte dos seus orzamentos para garantir unhas condicións de seguridade que antes da pandemia se daban por feitas.

Limpeza de desinfección de xardíns e parques infantís en Pontevedra para evitar un contaxio por coronavirus covid-19
Limpeza de desinfección de xardíns e parques infantís en Pontevedra para evitar un contaxio por coronavirus covid-19 | Fonte: remitida

Tal é o caso do Concello de Pontevedra, que -segundo informan dende o consistorio- está a investir varios miles de euros ao mes para garantir a seguridade sanitaria dos seus parques infantís. Tal e como sostén o concelleiro Iván Puentes, do grupo socialista, a concesionaria do servizo realiza a limpeza correspondente entre a medianoite a as 7 da mañá de "todas as noites".

A contía total, segundo estiman dende o consistorio, chega ó 30.000€ por mor dos parques do rural, que tamén son sometidos ás labores de desinfeccións correspondentes. Dende o consistorio achacan a contía ó "elevado número de parques" que poboan a cidade e a súa contorna: 40. Esta cantidade require de tres brigadas de dous homes que traballan "arreo" durante as sete horas de noite. Á parte, destacan dende o consistorio, o investimento do concello tamén vai dedicado ó "esforzo municipal municipal por instalar á entrada dos parques dispensadores de xel (moitos deles automáticos) e sinalizacións coa imaxe do loro Ravachol nas que se especifican as normas de uso e aforo.

ATA "QUE NON MELLORE A SITUACIÓN"

Dende o consistorio destacan o feito de que, de acordo con medidas como esta, Ponvedra sexa "un dos poucos que cumpre ao pé da letra coa estrita normativa imposta pola Xunta". O servizo, sosteñen, manterase "nos vindeiros meses" e ata "que non mellore a situación" para que "nenas e nenos" da localidadde "poidan desfrutar dos parques infantís nas mellores condicións sanitarias".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta