Confirman casos de Covid entre traballadores de tendas do centro As Cancelas de Santiago

Traballadores do centro confirman a existencia de casos en varias tendas e din que unha do grupo Inditex está sendo desinfectanda. O centro comercial asegura que son "casos illados".

Por Sara Gil | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Unha captura de pantalla de Whastapp anda a espallarse de teléfono en teléfono pola comarca santiaguesa e bisbarra, denunciando un gromo no Centro Comercial As Cancelas, na área comercial máis grande da capital galega, con nove positivos nun local do centro comercial e algúns máis espallados noutras tendas do mesmo inmoble. 

Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela.
Centro Comercial As Cancelas en Santiago de Compostela. | Fonte: Wikipedia

O CHUS desmintiu esta información, dicindo que non se detectara ningún gromo en ningún dos centros comerciais de Santiago.Tamén o centro comercial suliña que non se produciu un brote infeccioso no centro comercial. "Identificáronse tres casos de positivos illados que corresponden a persoas asintomáticas, sen relación entre si e que se detectaron grazas aos rastrexos externos postos en marcha polas autoridades sanitarias", apuntan nun comunicado.

"As persoas afectadas deixaron de acudir aos seus postos de traballo desde o mesmo momento en que deron positivo nas probas de detección e as empresas ás que pertencen tomaron de inmediato as medidas adecuadas de rastrexo de contactos próximos e desinfección de locais", indica.

VARIOS CASOS

Fontes consultadas por Galicia Confidencial que traballan neste centro comercial, confirman a existencia de casos positivos de traballadores de diferentes locais. "Houbo 5 casos positivos nunha das tendas de roupa de Inditex. Mandaron aos seus dependentes a casa, pecharon a tenda antes da hora prevista e desinfectaron todo case o mesmo día", apuntan.

"Ademais, aqueles que deron negativo están en corentena", indica unha das fontes. Engade que "tamén hai outros 3 casos illados en dúas tendas máis, pero non fixeron limpeza nin desinfección".  "Dende a administración do centro comercial non se está tomando ningunha medida", advirte outra as traballadoras. "O centro comercial non o quere facer público, porque desta maneira perderían clientela", conclúe un dos traballadores.

NORMALIDADE

Desde o Centro comercial As Cancelas insisten en que se seguiron todos protocolos e medidas de seguridade esixidas polo Ministerio de Sanidade e as autoridades competentes. "A colaboración entre os empleadores dos afectados, a xerencia das Cancelas e as autoridades sanitarias foi constante e fluída en todo momento", indican.

Por iso, aclaran que todas as tendas das Cancelas permanecen abertas e funcionando con normalidade. "Mantéñense os protocolos de limpeza e desinfección e ventilación permanente, o uso de equipos de protección individual (biombos, máscaras, etc.) e de xeles hidroalcohólicos, así como as medidas de distancia social postas en marcha no centro e que garanten a seguridade para empregados, provedores e clientes", aseguran.

Tamén advirten sobre bulos "A xerencia do centro comercial, co fin de evitar a propagación de rumores que poidan xerar alarma, ponse a disposición para calquera aclaración ou información adicional que contribúa á tranquilidade e á confianza no cumprimento dos protocolos sanitarios e de seguridade no recinto comercial", conclúen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anomino

sobre o tema que estan a falar do centro comercial comentar que xerencia está levando o tema do protocolo un pouco a sua maneira. Con isto quero decir que hai zonas onde se agrupan empregados de distintas tendas a fumar e comer sin gardar a distancia. Asi como por outro lado, habilitar as zonas comúns para que a xente poda descansar, pero diante de moitas tendas estos asentos estan sendo usados para que moitos clientes do centro senten a comer un xeado, creando así o malestar dalguns empregados xa que para iso teñen que baixar a mascarilla e non gardan entre eles a distancia. Moitas tendas non desinfectan e outras moitas teñen un aforo desorbitado para o que dictou o D.O.G.A. Sin non hai mais contaxios e porque teñen moita sorte

1 JL Gómez

Pasara na tenda de lefties no marineda city da coruña: houbera positivo, peche e desinfección da tenda. Volveu abrir.