Tensión en Viana do Bolo ante a moción de censura impulsada polo PP de Baltar

O PSOE local anuncia que non apoiará a proposta, prevista para o 1 de setembro, que podería saír adiante co apoio do PP e dous tránsfugas do PSOE.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 13:58

Comparte esta noticia

O PSOE de Viana do Bolo insiste en que non apoiará a moción prevista para o próximo 1 de setembro, que impulsa o PP con dous exsocialistas tránsfugas, pero reprocha ao alcalde, Secundino Fernández (BNG), a súa "soberbia", pois di que del só recibiron "longas e malas contestacións".

Nun comunicado, os socialistas pediron "coherencia e sensatez" ao rexedor tras as súas últimas manifestacións públicas ao acusar os socialistas de Viana do Bolo de "ser culpables da moción de censura", a cal aseguran non apoiar nin tampouco aos dous tránsfugas.

"Estamos fartos de que o BNG e o alcalde xeneralicen coas nosas siglas e metan no mesmo saco aos votantes, simpatizantes e militantes, acusándonos de traizón", reprochan os socialista. Por iso, piden "algo de humildade e autocrítica" ao rexedor. Ademais, lembran que en "a última reunión cos máximos responsables de ambos os partidos chegouse a un acordo para compartir a alcaldía, pero en última instancia o BNG rexeitouno".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, durante a comparecencia no Parlamento.. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Presentará o BNG algunha proposta de modificación da Lei Electoral Galega? Debera gobernar o partido máis votado (especialmente nos Concellos)? Ou imos seguir aturando as liortas da mal chamada esquerda? Penso que os resultados electorais da coalición "Galicia en Común" deixando fóra do Parlamento a 51.000 votantes debera facer reflexionar aos Partidos do Réxime (PP-PSOE-BNG) Os veciños non teñen culpa de que as cúpulas dos partidos anden a outras cousas!