As casas modulares de Cenlle serán o inicio dun novo barrio para seis familias segundo Vivenda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, indicou que as seis vivendas de promoción pública teñen un prazo de execución de oito meses.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, destacou este xoves que as vivendas modulares de Cenlle representan o inicio dun novo barrio sustentable e acolledor para seis familias.

A titular de Vivenda visitou as obras para a construción destes inmobles, así como o ámbito no que levará a cabo a urbanización da zona.

Na visita, a conselleira indicou que as seis vivendas de promoción pública que a Xunta constrúe teñen un prazo de execución de oito meses, xa que é unha fórmula construtiva que permite acurtar os prazos e reducir a xeración de residuos.

Deste xeito, a previsión é que as obras (onde se invisten máis dun millón de euros) finalicen no primeiro trimestre de 2021, para, a continuación, iniciar o proceso de adxudicación entre os demandantes de vivenda, que poderán acceder á mesma en réxime de compra ou aluguer.

En total, serán seis familias as primeiras beneficiadas deste programa que se desenvolve por primeira en Cenlle, xunto con outro tres vivenda realízanse en Sober.

No caso das vivendas do concello ourensán, teñen 116 metros cadrados (repartidos en dúas plantas en todos casos), e dispoñen de tres dormitorios e baño (no piso superior); aseo, cociña, salón comedor e vestíbulo, na inferior. Ademais, disporán de trasteiro (6,27 metros cadrados) e de garaxe cuberto (19 metros cadrados).

A Xunta detallou que tamén se está urbanizando o ámbito e que na urbanización próxima ás vivendas familiares foi unha actuación executada prol a Xunta, que habilitou oito vivendas de promoción pública; ás que se suma a rehabilitación de dúas vivendas a cargo do Programa de axudas para arehabilitación de antigas vivendas de mestres.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, visita as obras de construción de vivendas modulares en Cenlle (Ourense). XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, visita as obras de construción de vivendas modulares en Cenlle (Ourense). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Só resta coñecer o prezo das vivendas ou do aluguer para completar a información (?)