Temas: 061 ACCIDENTE 112

Unha persoa ferida cando caeu polas escaleiras dunha vivenda na Peroxa

Este accidente doméstico produciuse, en concreto, nunha vivenda situada no lugar de Cinco Nogueiras, indicaron as mesmas fontes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

O helicóptero medicalizado con base en Ourense desprazouse este xoves ao municipio ourensán da Peroxa para atender a unha persoa que presentaba feridas graves tras caerse por unhas escaleiras nunha vivenda.

O 112 recibiu o aviso do sucedido ao redor das 18,30 horas, a través dunha chamada do equipo do 061, que pedía a colaboración da Garda Civil para facilitar a aterraxe do helicóptero.

Este accidente doméstico produciuse, en concreto, nunha vivenda situada no lugar de Cinco Nogueiras, indicaron as mesmas fontes.

Helicóptero 112
Helicóptero 112

Temas: 061 ACCIDENTE 112
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta