Uns 20 locais de lecer nocturno piden cambiar de licenza ao Concello de Santiago

Bugallo anunciará que facilitará eses cambios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

Un total de 21 establecementos relacionados co lecer nocturno solicitaron o cambio de licenza ao Concello de Santiago, que facilitará este trámite a través dunha declaración responsable a todos aqueles locais que cumpran as normas requiridas.

Diso informou este venres en rolda de prensa o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, quen explicou que, tras o peche do lecer nocturno por parte da Xunta o pasado día 15 de agosto, o sector plantoulles a procura de solucións para "evitar o peche da actividade económica".

Sobre este punto, sinalou que, tras unha conversación co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, considera que hai un "criterio compartido" de que non se trata de que se pechen os establecementos senón de que "non se desenvolva a actividade de lecer nocturno", polo que cre que "terrazas, mesas e cadeiras" poderían "seguir operativos sempre que se cumpra a normativa".

Neste sentido, e en tanto a Xunta non "revise a normativa" como fan "outras comunidades como Castela e León", indicou que o Concello de Santiago "habilitará formulas ao seu alcance para facilitar que aqueles establecementos susceptibles de cumprir esa normativa poidan acollerse a elas a través dunha ampliación de licenza".

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, na rolda de prensa. CONCELLO DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta