GC Aberto

Podemos non era tal!

Tras a coalición con EU a permanencia de Iglesias á fronte de Podemos non fixo máis que deprezar a organización, e non tan só polo efecto fagocitario exercido polos comunistas, senón tamén, polo autoritarismo dirixente, o formato piramidal da formación e a cerrazón ao debate interno.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 02/09/2020

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, durante o pleno celebrado este xoves no Congreso. Pool
O vicepresidente segundo do Goberno, Pablo Iglesias, durante o pleno celebrado este xoves no Congreso. Pool

No verán de 2015 en pleno auxe de Podemos  Pablo Iglesias non quería saber nada do ‘aburrido’ PCE e do seu herdeiro, Esquerda Unida, como así o evidencia a  diatriba que nistos termos dedicaba  aos comunistas.

“Sodes precisamente vós os responsables de que neste país non cambie nada. Sodes uns  cenizos. Non quero que " cenizos" políticos, que en 25 anos foron incapaces de facer nada, non quero que dirixentes políticos de Esquerda Unida, que son incapaces de ler a situación política do país, se acheguen a nós. Seguide na vosa organización. Presentádevos ás eleccións, pero deixádenos en paz (…) Quedade no voso sitio. Podedes cantar a Internacional, ter as vosas estrelas vermellas (….) Non quero facer política con iso. Deixádenos vivir aos demais“.

Un ano despois noutro dos seus alardes de incongruencia  Iglesias declinaba na súa afronta  para manifestarse xusto ao revés.

«Eu si me vexo construíndo un futuro con Alberto Garzón (…) Os españois o que queren é que se lles diga a verdade (…) Ninguén poderá dicir que nós non fomos coherentes desde o principio (…) É evidente que Llamazares representa o pasado e Alberto [Garzón] o futuro (…) Podemos ten que ser xeneroso e recoñecer a identidade de EU na coalición electoral.»

Iniciábase así o xiro  a babor de organización morada e a confluencia cos “ cenizos” de outrora, nunha conversión  que facía   de EU  unha forza moderna e de cambio merecedora de todo  respecto. (Ver para crer) 

Pero máis aló da planificada estratexia electoral que se perseguía coa   alianza,  o certo foi  que  nos comicios  do 26 de xuño  de 2016 a  constituída coalición Unidos Podemos non tivo nin con moito os resultados  esperados  como puxo de manifesto a perda  dun millón de votos sobre o acumulado dos seus anteriores resultados  nas urnas, demostrando    que  "as etiquetas do pasado" máis que exercer de incentivo  minguaban o resultado  electoral.

Devandito isto, hase de ter presente que desde a súa creación Podemos levaba  fiando un ríxido discurso contra os partidos a “caste”, tratando de converter a tradicional confrontación entre esquerda e dereita nunha disputa entre os privilexiados e a “xente  decente”;circunstancia  que variou no  substancial  tras a súa fusión  con EU,  pois  de reclamar un proxecto constituínte diante un “réxime que se derrubaba” é dicir,  de criticar o "réxime do 78" pasou  a erixirse en defensor da Constitución, ou o que é o mesmo, a asumir como propio  o anacrónico papel  xogado desde a transición polos titulares da  fouce e o martelo.

Pero a xogada  ten máis percorrido, pois o plan do partido de Alberto Garzón non se para en alianzas conxunturais  senón que a súa verdadeira finalidade   é a integración de facto dos militantes da  súa formación nun proxecto de “converxencia común”, con estruturas conxuntas co partido morado. 

Unha estratexia  que por desatinada que pareza conta coa conformidade  do propio Pablo Iglesias quen apadriña a operación  coa finalidade de aproveitar  a estrutura territorial de EU para vertebrar o novo Podemos, no contexto  dun formato orgánico  que non só supoñerá o  borrón e conta nova dos círculos podemitas senón que afianzará o control efectivo da organización acorde á   verticalidade  da ortodoxia  comunista  contra a  que o líder podemita arremetía cinco anos atrás, pero que actualmente considera  imprescindible como garantía da súa sustentabilidade  á fronte do aparello

Nada  queda  daquel  proxecto fundacional que de ningún xeito   barallaba  como alternativa  a constitución dun “partido de esquerdas á vella usanza”, senón un que "fixese pobo", é dicir un movemento transversal de aberta penetración democrática;  pero o inconveniente para a súa consolidación   foi desde sempre que ese formato  representaba un obstáculo   nas expectativa de quen  como Iglesias e Montero tentaron desde sempre   modelar á súa medida  a organización para  a súa blindaxe e promoción persoal, que á vez lles eximise de toda responsabilidades ante  seus repetidos  desastres electorais.

As continuas mutacións ideolóxicas, purgas, loitas internas, acusada diminución de representación institucional e total  carencia  de autocrítica fixeron efecto  na organización morada poñendo de manifesto  que o liderado de Iglesias  deixaba  de convencer aos propios, o  que lles conducía a un afundimento electoral sen precedentes que levaba  camiño de situarlles a nivel dos peores  resultado alcanzados por EU nas urnas. 

Todo o que nos venderon  os actuais dirixentes de Podemos atribuíndose o 15 M, as políticas transversais o non ser  de esquerdas nin de dereitas,  nada  ten que ver coa realidade, pois a xulgar polos feitos a verdade do seu tránsito  político é que saíron de EU para terminar arribando a EU,  unha viaxe en circuíto pechado para o que non precisaban alforxas, pois a verdade é que non foron a ningures.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cherchez la femme ! https://es.wikipedia.org/wiki/Cherc... O problema da esquerda https://i.gal/gamela05 Pero grazas ao programa informático Desborda2 (artellado por Echenique) hoxe os que viñan para salvar á xente teñen un lugar no mundo da "alta política" https://i.gal/gamela15 Pero levas razón que a autocrítica nestes lares non se estila...