Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que arranxe o "caos que xerou en Ourense" co "acordo letal" do PP con Jácome

"Ourense non merece ser noticia cada día polos desastres do alcalde que puxeron Feijóo e Baltar" sinala o secretario xeral do PSdeG.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/08/2020 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu este sábado ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a "arranxar o caos que xerou en Ourense" antes de que se celebre a súa sesión de investidura, ante a crise de goberno que vive Democracia Ourensá na cidade das Burgas.

"A cidade non pode ser presa dos intereses do PP", advertiu Caballero, quen sinalou que, mentres os populares buscan "como manter a súa armazón de poder", Ourense "segue paralizada en mans dun alcalde que acaba de ser denunciado en Fiscalía polos seus compañeiros de Goberno".

"Feijóo non se pode pór de perfil porque é a súa responsabilidade", incidiu Caballero, antes de remarcar que foi el quen "decidiu colocar a un alcalde que el mesmo consideraba letal para Ourense só por manter o caciquismo de Baltar á fronte da deputación" a pesar de que os socialistas foron a forza máis votada nas últimas municipais na cidade.

"Ourense non merece ser noticia cada día polos desastres do alcalde que puxeron Feijóo e Baltar. O esperpento e as irregularidades non poden estar á fronte da terceira cidade de Galicia", concluíu.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. Foto de arquivo.. PSDEG - Arquivo
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en rolda de prensa. Foto de arquivo.. PSDEG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Ourense non votou Jácome, nin sequera votou PP. Un "pacto de perdedores" (como lle chama Feixóo ás coalicións) puxo a un mequetrefe na alcaldía para que baltar o fillo seguese a mangonear a provincia. O monigote só caerá a cambio do control da deputación, e para iso é precisa a intervención da xustiza: veremos os pasos nos próximos días. Se iso non está asegurado, non haberá movemento ningún. Por ventura, o nefasto Florentino Delgado vén de ser substituído por unha fiscal máis profesional.