Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 29/08/2020 | Actualizada ás 19:59
Todos os usuarios do Fogar Residencial de Vilar de Barrio, un total de 40 persoas, e o cadro de persoal faranse unha proba para detectar se están contaxiados de covid-19, despois de que se confirmase o positivo dun dos empregados.
Fontes da área sanitaria de Ourense indicaron este sábado que, tras este primeiro caso, activouse o protocolo de procura activa de posibles asintomáticos no centro residencial para "detectar precozmente posibles contagios" entre esta "poboación vulnerable".
Así, este domingo procederase ao cribado de todos os residentes e dos traballadores das instalacións, sinalaron as mesmas fontes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.