Compostela Aberta pide destinar a gasto social o aforrado este ano nas festas do Apóstolo

A portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, criticou que parte deses fondos sexan para "pór máis luces de Nadal".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2020 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia



Compostela Aberta pediu ao Concello de Santiago que destine os fondos que non se gastaron este ano nas festas da Ascensión e do Apóstolo a medidas no ámbito social.

Nun comunicado, a portavoz municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, criticou que parte deses fondos sexan para "pór máis luces de Nadal" ao mesmo tempo que o alcalde "fala das dificultades para atender a situación de emerxencia social que atravesan moitas familias".

Lois sinalou que o custo da iluminación do Nadal "xa foi duplicado o ano pasado" e reprochou que na situación "excepcional" actual o PSOE volva pensar " en incrementar o orzamento para este fin".

Compostela Aberta, agregou, pedirá ao Goberno local que explique que partidas se destinarán a este fin, "tendo en conta que o alcalde anunciou no seu día que o orzamento da Ascensión sería para financiar a Festa da Primavera".

A portavoz de Compostela Aberta  Marta Lois
A portavoz de Compostela Aberta Marta Lois

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Semella que os PSOEs seguen a ruta do Caudillo de Vigo ? Aquí para evitar ter remanentes por Festas fixeron microfestas cuasi privadas gastando os fondos públicos nos privilexiados que poden pagar 25 € a tirar selfies, e o resto a rañala con máscara á rúa do percebe ! https://twitter.com/00Gamela/status... Pero Luces de Nadal seica imos camiño do récord Guinness da Estupidez !