Detectado un novo brote en Verín que afecta a 6 persoas mentres soben a 21 os contaxiados no de Mariñamansa

O brote de Verín xurdiu nunha reunión familiar e agora todos os membros contaxiados están en illamento domiciliario.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 30/08/2020 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A provincia de Ourense suma este domingo un novo brote, que ten a súa orixe nunha reunión familiar e que afecta a seis persoas, de acordo con fontes da área sanitaria.

En concreto, deron positivo tres homes de 18, 40 e 75 anos e unha muller de 54, así como dous menores. Todos se atopan illados e en seguimento no seu domicilio e o rastrexo dos seus contactos continúa activo.

En canto aos brotes que xa se coñecían, o do barrio ourensán de Mariñamansa suma outro cinco positivos este domingo e alcanza as 21 persoas contaxiadas. Este brote, de orixe social, levou a que se faga un cribado selectivo de veciños e persoal de establecementos da zona.

Os novos positivos son catro homes de 51, 57, 64 e 65 anos e unha muller de 36. Todos están a pasar a infección no seu domicilio.

O brote que se orixinou nunha reunión de amigos no Carballiño elévase a nove afectados, tras detectarse un novo positivo, que é o dun home de 52 anos. Está xa illado e en seguimento domiciliario.

Outro brote de carácter familiar, coñecido este sábado, na Rúa sitúase en seis afectados este domingo, posto que deron positivo outro tres persoas. Trátase de dúas mulleres de 36 e 41 anos e un menor. Tamén neste caso atópanse todos no seu domicilio e segue activo o seguimento dos seus contactos.

PCR . /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo
PCR . /. FERNANDO ZHIMINAICELA/UCC-UCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta