O positivo dunha funcionaria do Concello de Santiago obriga a poñer en corentena a varios traballadores

Os contactos coa infectada reincorporaranse ó traballo en breves logo de dar negativo nas probas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O positivo en covid-19 dunha funcionaria do Concello de Santiago vén de obrigar a manter en corentena a varios traballadores do seu departamento, o de persoal, segundo informou este luns o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. Bugallo tamén sinalou, a preguntas dos xornalistas en rolda de prensa, que dous policías contraeron a infección cando estaban de vacacións, polo que "non se incorporaron ao servizo" e o seu positivo non xerou "ningunha distorsión adicional".

En canto á funcionaria do departamento de persoal, o seu positivo "tivo como consecuencia que funcionarios e traballadores que prestaban servizo" con ela "están ata hoxe --por este luns-- en corentena". "Todos fixeron as probas e todos deron negativo", puntualizou, antes de esperar que "entre hoxe e mañá -polo martes- se poidan reintegrar ao servizo normal". Coñecidos estes datos desde a semana pasada, o rexedor asegurou que "se están tomando todas as medidas", polo que chamou a "evitar ningunha alarma social".

O Concello de Santiago, no Pazo de Raxoi, no Obradoiro compostelán. CAPTURA (YOUTUBE)
O Concello de Santiago, no Pazo de Raxoi, no Obradoiro compostelán. CAPTURA (YOUTUBE) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta