Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 14:02
A titular do Xulgado Número 1 de Vilagarcía decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para as dúas persoas que foron detidas no porto de Vilanova de Arousa na madrugada do venres cando trataban de remolcar e levar a terra unha lancha semirrígida de 15 metros de eslora que non dispuña de matrícula nin de folio. Tras a toma de declaración, a xuíza acusoulles dun delito de contrabando.
Os dous apresados son L.M.U., veciño de Vilanova de 38 anos e propietario do todoterreo co que se tentaba remolcar a embarcación, e LJ.M.S., quen tentou fuxir a nado ao ser sorprendido pero que pouco despois foi detido pola Garda Civil xunto a unha batea.
A lancha semirrígida, similar á que se adoitan utilizar nas descargas de droga, estaba completamente baleira no momento da súa aprehensión.
HIPÓTESE
Segundo indican a Europa Press fontes da investigación, a hipótese máis probable é que a embarcación viñese de participar nunha descarga e que os seus tripulantes se dispuxesen a devolvela a algunha nave onde permanecería almacenada a resgardo, momento no que foron sorprendidos.
No entanto, as mesmas fontes recoñecen que de momento se carece de probas que corroboren estas sospeitas, polo que a investigación continúa aberta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.