Extinguido tras queimar algo máis de 30 hectáreas o incendio declarado entre Crecente e Cortegada

A causa do fume, chegou a cortarse a vía ferroviaria entre Vigo e Ourense durante algunhas horas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2020 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural dá por extinguido en incendio forestal iniciado no municipio pontevedrés de Crecente e que afectou tamén á localidade de Cortegada, en Ourense.

En concreto, segundo as informacións da Xunta, as chamas orixináronse pouco antes das 16,00 horas do sábado na parroquia de Filgueira, en Crecente, e afectaron tamén á de Rabiño, en Cortegada.

As últimas estimacións apuntan a que o incendio calcinou algo máis de 36 hectáreas de terreo, das que 28,3 correspóndense con Crecente (27 delas de arboledo) e 8,1 a Cortegada, todas arboredos.

Na súa extinción colaboraron dous técnicos, 18 axentes, 57 brigadas, 29 motobombas, tres pas, sete avións e sete helicópteros. A causa do fume, chegou a cortarse a vía ferroviaria entre Vigo e Ourense durante algunhas horas.

Un avión apaga lumes da UME sobrevoa e verte auga sobree un lume en Ourense
Un avión apaga lumes da UME sobrevoa e verte auga sobree un lume en Ourense | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta