Temas: TEST

Docentes de primaria e secundaria da área da Coruña e Cee someteranse a test serolóxicos

Está prevista a realización de 8.000 probas a persoal docente.

Por Europa Press / Redacción | CORUÑA, A | 01/09/2020 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

Docentes de primaria e secundaria da área sanitaria da Coruña e Cee someteranse a partir deste martes a test serolóxicos de dobre banda, segundo informaron fontes sanitarias.

"Unha parte destes test serolóxicos realizaránse nos centros educativos e outra parte realizarase no ámbito hospitalario", indicaron as mesmas fontes. En total, está prevista a realización de 8.000 probas a persoal docente.

No transcurso do fin de semana procedeuse á realización dos test serolóxicos de dobre banda ao persoal docente das escolas infantís da área sanitaria. Nelas, participaron un total de 345 docentes, dos 365 chamados ao estudo. As probas continuarán este martes.

Unha profesora vixía unha clase mentres estudantes das materias. Marta Fernández Xara - Europa Press
Unha profesora vixía unha clase mentres estudantes das materias. Marta Fernández Xara - Europa Press

Temas: TEST
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta