Piden a dimisión dunha concelleira do PP tras ser condenada por violencia física a unha veciña

Valga viva sinala que se esta situación non se resolve nos próximos días, presentarán unha moción de reprobación.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O partido político Valga Viva solicita o cesamento de cargos da concelleira do PP de Valga, Magdalena Isorna Sumay, ao ser condenada, nunha sentenza do xulgado de 1ª instancia de instrución Nº1 de Vilagarcía de Arousa, por un delito de violencia física a unha veciña do Concello de Catoira

Proba do golpe que propinou a concelleira do PP de Valga, Magdalena Isorna, á veciña do Concello de Catoira.
Proba do golpe que propinou a concelleira do PP de Valga, Magdalena Isorna, á veciña do Concello de Catoira. | Fonte: Valga Viva

Valga Viva apoiase nos estatutos do Partido Popular, que recollen no seu artigo 5 o “compromiso de profesar un comportamiento honesto en la vida pública que refleje la imagen del Partido” e no artigo 13, que expresa como motivo de infracción moi grave "la condena por un delito doloso que por su naturaleza o por las circunstancias en las que se haya cometido se considere incompatible con las obligaciones y deberes éticos establecidos en los presentes estatutos, según valoración motivada del Comité de Derechos y Garantías competente.”

"Dende Valga Viva consideramos, e estamos certos de que é unha consideración compartida polo Partido Popular, que na política non poden ter cabida ese tipo de comportamentos violentos, e que as persoas que teñen cargos públicos deben ser exemplares, máis se como é o caso falamos dunha concelleira de Turismo, Novas Técnoloxías e Escola de Música", indica o partido político nun comunicado a Alfonso Rueda, presidente provincial do PP de Pontevedra. 

O partido sinalou que se esta situación non se resolve nos próximos días, presentarán unha moción de reprobación, onde o PP terá que posicionarse a favor ou en contra do uso da violencia física por parte da concelleira contra as persoas en xeral, e contra as veciñas en particular.

"Un extremo que prefeririamos evitar, para que as cuestión de defensa dos intereses partidarios non levaran a dar unha imaxe do Partido Popular favorable ao uso da violencia", conclúe o partido no comunicado. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta