Extinguido un novo incendio no Parque Natural da Serra do Xurés

Novamente o lume iniciouse no concello de Lobios, no que xa se rexistraron numerosos focos durante o verán.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que afectou este martes ao municipio ourensán de Lobios, en terreos pertencentes ao Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

En concreto, segundo a información proporcionada pola Xunta, as chamas comezaron pasadas as 12,00 horas na parroquia de Manín, e os efectivos puideron controlalo en menos dunha hora. Ás 14,30 horas, quedou extinguido.

Segundo as estimacións provisionais, afectou a 0,10 hectáreas de terreo dentro do parque natural. Na extinción deste incendio participaron un axente, tres brigadas, dúas motobombas e un helicóptero.

Incendio en Lobios
Incendio en Lobios | Fonte: BRIL Laza Twitter

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta