Dous novos brotes na cidade de Ourense xa suman seis positivos en total

O rastrexo de contactos detectou dous novos casos de coronavirus relacionados co brote de Mariñamansa, os de dous homes de 68 e 24 anos, co que este foco ascende xa a 24 afectados.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 01/09/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

As autoridades sanitarias informaron este mércores da detección de dous novos brotes de COVID-19 na cidade de Ourense, que suman en total seis casos activos.

En concreto, segundo fontes da área sanitaria, detectouse un novo brote de orixe familiar con tres casos activos: un home e unha muller de 72 anos e un menor; así como outro foco que afecta a dúas mulleres de 33 e 28 anos e a un home de 34. Todos eles están xa en illamento.

Por outra banda, o rastrexo de contactos detectou dous novos casos de coronavirus relacionados co brote de Mariñamansa, os de dous homes de 68 e 24 anos, co que este foco ascende xa a 24 afectados.

Así mesmo, o brote detectado nos pasados días no municipio de Melón ascende a cinco casos, co novo positivo dun home de 58 anos. Tamén sobe nun caso o brote familiar detectado na Rúa --ata o sete--, onde deu positivo un menor.

Noutra orde de cousas, as PCR de cribado preventivo realizadas aos usuarios e persoal da Residencia Santiago Apóstolo de Vilamarín, tras o positivo dun coidador, resultaron negativos.

CHUO
CHUO | Fonte: ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta