Publicada a obra gañadora do premio Manuel Murguía sobre a 'Galicia castrexa'

A Deputación da Coruña, responsable da publicación, declara que o libro "supón unha achega a coñecemento da nosa historia prerromana".

Por E.P. | A CORUÑA | 01/09/2020 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña publicou a obra sobre os soberanos da 'Galicia castrexa', do investigador Martín Fernández, gañadora do premio de ensaio Manuel Murguía da Deputación da Coruña.

Na publicación, reivindícase a Galicia antiga "como suxeito historiográfico", explica a institución provincial que publica a obra tras gañar a XII edición deste premio.

Desde a institución provincial, destácase que este traballo supón "unha achega ao coñecemento da nosa historia prerromana pois dá luz a uns tempos moi escuros cos que só se conta coa epigrafía como fonte".

Castromao
Castromao | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Davide Rego

"Galicia antiga castrexa prerromana"! No norte de Portugal os castros son celtas, C-E-L-T-A-S. En Asturies, o mesmo. Hai algunha alfándega especial na raia galega? A ver se vai ser que non convén ter pasado de nós porque en Madrid non gostan de "feitos arqueolóxicos diferenciais" distintos da unidade de destino no universal... Ou igual é que os historiadores galegos son uns acomplexados (medo ou eiva?) incapaces de ser "galaicos"...

1 Trebaruno

Isso da "cultura castreja" é um invento isolacionista anticeltista. É Cultura Celta Galaica, sem complexos nem reducionismos ó hábitat nem supeditaçons mediterranoides/mesetarias. Fomos e somos umha cultura atlántica. E ca lingua o mesmo: reintegracionismo sí, isolacionismo espanholista nom!

1 v6GH

O "reintegracionismo" si que é un invento, o galego nunca foi portugués.

2 Sentidiño

Unha cousa é unha cousa, e outra cousa é outra cousa. Hai 1.300 anos entre Santa Trega e a independencia de Portugal.

3 Mugueimes

Além dos anos serem contados mal (a datação é incorreta), aquí importa a leitura que hoje fazemos do passado: os inventores e difusores da cultura castreja e do issolar o galego do português são os mesmos, muito recentes no tempo e presentes na atualidade.

4 Sentidiño

Talvez teñas razón niso, Mugueimes, pero non obsta para que sexan cuestións independentes. Non se pode obviar a romanización lingüística, coma se estivésemos na Vida de Brian. A materialidade galaica é a mesma que a bretoa, irlandesa, galesa ou escocesa, mais isto foi latinizado coa mesma intensidade que a Helvecia occidental ou a Auverña de Vercinxetórix.