Anpas Galegas ve o novo protocolo da Xunta para o curso escolar como "un lavado de cara"

A Confederación Anpas Galegas insistiu en que "tentamos colaborar como podemos" e lamenta que se actúe "unilateralmente".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2020 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia

A Confederación Anpas Galegas censurou que o novo protocolo de inicio do curso aprobado pola Xunta supón "un lavado de face" para "tentar adaptar a intención de non gastar" ao compromiso de cumprir cos acordos adoptados entre as comunidades e o Goberno central.

Nun comunicado, lamentan ademais coñecer as medidas "a través dos medios" e non recibir notificación algunha por parte da Consellería de Educación, e que todas as disposicións plasmadas en papel non inclúen un incremento de medios e de persoal.

"Tentamos colaborar como podemos", insistiu a confederación, lamentando que se actúe "unilateralmente" e non facelo antes, como cando reclamaban a distancia de seguridade de 1,5 metros entre pupitres que agora se inclúe no texto.

Imaxe dunha aula con alumnos. ISTOCK - Arquivo
Imaxe dunha aula con alumnos. ISTOCK - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta