Un total de 27.052 persoas seguían en ERTE en agosto en Galicia

A Seguridade Social gaña 7.126 afiliados en agosto en Galicia, máis que a media estatal.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

O número de persoas incluídas en expediente de regulación de emprego temporal (ERTE) ao peche do mes de agosto en Galicia era de 27.052, deles 22.150 de forza maior e 4.902 non.

Afiliación á Seguridade Social en Galicia. EPDATA
Afiliación á Seguridade Social en Galicia. EPDATA | Fonte: Europa Press

Por outra banda, a Seguridade Social gañou en agosto en Galicia unha media de 7.126 afiliados respecto ao mes de xullo, o que representa un incremento do 0,71%, por encima da media do estado (+0,04%), o que situou o total de ocupados en 1.012.794, segundo os datos que publica o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Con todo, en comparación co mesmo mes de 2019, os cotizantes da comunidade galega son 24.106 menos, o que significa un descenso do 2,32%. Por provincias, aumentou a afiliación no catro en agosto en relación co mes anterior: un 1,06% en Lugo, un 0,9% en Ourense, un 0,65% en Pontevedra e un 0,61% na Coruña.

No conxunto estatal, a Seguridade Social gañou en agosto unha media de 6.822 cotizantes respecto ao mes de xullo (+0,04%), o que situou o número total de ocupados en 18.792.376 cotizantes. O ministerio destacou que é o cuarto mes consecutivo no que aumenta a afiliación media.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta