Galicia segue sen baixar dos 200 novos positivos diarios e xa se achega aos 3.900

O número de persoas que ten actualmente a enfermidade sobe en todas as áreas, agás na Coruña

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/09/2020 | Actualizada ás 13:01

Comparte esta noticia

Galicia sumou 215 novos positivos nas últimas 24 horas, de modo que o número total de casos activos na actualidade é de 3.847, unha cifra esta última que supera en 105 á de onte, de acordo cos datos proporcionados este mércores pola Consellería de Sanidade, con datos da tarde de onte, martes.

A área sanitaria da Coruña e Cee segue sendo a que concentra un maior número de casos activos, 1.387, aínda que é a única na que descende este indicador, posto que aínda que se produciron novos positivos, o número de recuperados é maior, polo que son 16 casos menos activos que o martes.

O maior incremento corresponde á área de Santiago e Barbanza, onde constan 644 casos activos --37 máis que o martes--. En Lugo a subida é de 27 e o total sitúase en 786; mentres que en Ourense a cifra elévase a 362 --19 máis--; en Vigo sitúase en 269 --16 máis--; en Pontevedra crece ata os 250 --17 máis--; e en Ferrol alcanza o 149 --cinco máis--.

O parte deste mércores mostra que se curaron na Comunidade un total de 12.879 persoas, que son 108 máis que as que figuraban nos datos do martes. Tamén se informa de catro novos falecementos, tres no HULA e un no CHUAC, o que eleva o total de mortes con COVID-19 desde que comezou a pandemia a 648 en Galicia.

Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR. Ricardo Rubio - Europa Press
Unha traballadora sanitaria sostén unha probeta cunha proba PCR. Ricardo Rubio - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta