ABANCA volve saír en axuda do Sergas cunha nova doazón de equipos para loitar contra a Covid

Doa sete equipos de última tecnoloxía para monitorizar pacientes contaxiados coa Covid que se suman aos 364 dispositivos de coidados intensivos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/09/2020 | Actualizada ás 13:28

Comparte esta noticia

ABANCA amplía a doazón de equipos sanitarios ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) para facer fronte á crise ocasionada pola COVID-19. A entidade financeira acaba de adquirir sete equipos de monitorización central dirixidos a xestionar, dunha maneira máis eficiente, o eventual incremento de pacientes que se poida producir nos hospitais galegos.

Imaxe dun respirador asistido.. GRUPO PSA
Imaxe dun respirador asistido.. GRUPO PSA

Os equipos doados oron instaladops xa polo Sergas nos hospitais de Vigo (Álvaro Cunqueiro); de Lugo (Lucus Augusti); de Ferrol (Arquitecto Marcide); de Pontevedra, e da Barbanza (Ribeira). Nos próximos días entrarán en funcionamento nos hospitais da Coruña e da Mariña (Burela).

A compra destes novos equipos, de última tecnoloxía, foi acordada co Sergas, e responde ás necesidades do sistema sanitario. A experiencia adquirida na fase máis crítica da pandemia revelou o importante desafío que supón a monitorización continuada dun colectivo amplo de pacientes con equipos profesionais axustados. A función desta dotación tecnolóxica suple esta limitación, xa que permite monitorizar de maneira simultánea até 1.200 pacientes.

"Os equipos de monitorización central facilitan xeneralizar as medidas que se adoptan, sen perder o seguimento individualizado de cada paciente e tomar decisións máis áxiles. Isto é especialmente relevante porque mellora a eficiencia dos equipos médicos, ao simplificar tarefas e liberar tempo aos profesionais da primeira liña de resposta", apunta a entidade bancaria nun comunicado.

OUTRAS DOAZÓNS

A compra destes sete equipos de monitorización central súmase ás doazóns de tecnoloxía que realizou ABANCA ao Sergas para as sete áreas sanitarias de Galicia. O banco anunciou a finais de marzo a doazón de 150 unidades de coidados intensivos, unha compra que durante o mes de abril incrementouse con 364 dispositivos máis

Este segundo lote incluíu monitores multiparamétricos, monitores de constantes vitais, desfibriladores e ecógrafos de alta prestación, para así dotar as UCI dos hospitais galegos de todo o material necesario para a atención ao paciente. En maio, a entidade financeira sumou catro lectores clínicos capaces de analizar 25.000 test diarios de COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sulfur

Todo isto tiña que telo feito o SERGAS que pagamos todos. Pero a pesar diso: GRAZAS Abanca, grazas Escotet. Sempre hai que agradecer estas cousas e ver a importancia de ter empresas galegas coa sede en Galiza independentemente de que teña as accións.