Sanidade permitirá visitas ás residencias malia o aumento de casos

O conselleiro xustifica a medida aludindo a que están "preocupados" polos efectos do illamento sobre os maiores.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 15:11

Comparte esta noticia

As consellerías de Sanidade e de Política Social, no marco do comité de expertos para a pandemia de COVID-19, abordarán a creación dun "protocolo estrito" que, a través de medidas "importantes", permita que se renoven as visitas a todas as residencias da comunidade.

Así o avanzou o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nunha rolda de prensa posterior á reunión do comité clínico que, a próxima semana, abordará "xunto con Política Social" esta cuestión. O conselleiro explicou que os expertos están "preocupados" polos efectos que as restricións e a súa prolongación no tempo teñan sobre os maiores usuarios das residencias, como é o caso da suspensión de visitas, que "pode repetirse nos próximos meses".

"Non é o mellor para os maiores", dixo Vázquez Almuiña, que avanzou que se desenvolverá un "protocolo moi estrito" e con medidas de seguridade "importantes" para permitir que os usuarios destes centros poidan recibir visitas. Isto acompañarase, abundou, con medidas de control para os traballadores, aos que xa se realizan probas á súa incorporación ao seu posto á volta das vacacións.

"Segue sendo fundamental facer test, test e máis test", explicou o responsable de Sanidade, que vinculou esta cuestión ao novo test masivo de saliva, que a Xunta porá en marcha este mesmo mes. De feito, esta metodoloxía, que favorece a autotoma de mostras, implantarase primeiro no ámbito sanitario, sociosanitario e nas grandes empresas con moitos traballadores.

O conselleiro de Sanidade. Xunta de Galicia - Arquivo
O conselleiro de Sanidade. Xunta de Galicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta