Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 18:28
As Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (Policía Nacional e Garda Civil) realizaron un total de 188 detencións e 37.457 propostas de sanción en Galicia por incumprimento do estado de alarma, vixente nesta comunidade entre o 14 de marzo e o 15 de xuño.
Así o indican os datos proporcionados polo Goberno ao senador de Compromís Carles Mulet nunha resposta parlamentaria. Concretamente, a Policía Nacional realizou 153 detencións e 13,291 propostas de sanción, mentres que a Garda Civil fixo 35 detencións e 24.166 propostas de sanción. A estes datos habería que sumar as intervencións realizadas polos corpos de Policía Local.
Por provincias, o maior número de detencións produciuse na Coruña, con 70, seguida de Lugo, con 51, Pontevedra, onde se produciron 35, e Ourense, onde tiveron lugar 32.
En canto ás propostas de sanción, impuxéronse 12.255 en Pontevedra, 11.461 na Coruña, 7.452 en Lugo e 6.289 en Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.