Piden cambiar a denominación dun colexio de Cee por levar o nome dun destacado franquista

Trátase do CEIP Eugenio López.

Por Galicia Confidencial | Cee | 02/09/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) vén de solicitar este mércores o cambio de nomenclatura e denominación do centro público de ensino CEIP Eugenio López, en Cee.

Ceip Eugenio López de Cee
Ceip Eugenio López de Cee | Fonte: paxinasgalegas.com

Este sindicato suliña a persoa que lle dá nome ao centro, Eugenio López, foi un "destacado membro da nomenclatura franquista". "Continúa a servir de denominación do colexio público desta vila, sen que as autoridades autonómicas nin tampouco as autoridades locais desen ningún paso para facer cumprir a Lei da MemoriaHistórica e satisfacer unha vella e xusta reivindicación da cidadanía democrática, en pleno século XXI", apunta nun comunicado.

Así, lembra que o 13 de xaneiro de 1957 recibiu a "Encomienda sencilla de la Orden Imperial del Yugo y las Flechas", unha condecoración que outorgaban as autoridades franquistas a membros destacados do réxime. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta