Denuncian a PP, BNG, PSdeG e Galicia en Común por contaminación ao abandonar propaganda electoral

Verdegaia presenta sendos escritos na Xunta Electoral para que os partidos dean exemplo na xestión de residuos e non abandonen a súa propaganda electoral despois dos comicios.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/09/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Máis de un mes despois da celebración das eleccións ao Parlamento de Galicia aínda se sigue atopando propaganda dos partidos nas marquesiñas e farolas de cidades e vilas galegas. "Son carteis que pouco a pouco van perdendo o pegamento que os suxeita ata que o vento os leve á pola dunha árbore ou ao leito de dun río", apunta Verdegaia.

Propaganda electoral do PP abandonada nunha farola
Propaganda electoral do PP abandonada nunha farola | Fonte: Verdegaia

De feito, esta organización ecoloxista acusa aos principais partidos que se presentaron a eses comicios, PPdeG, BNG, PSdeG e Galicia en Común, de contaminación por abandonar bandeiríns en farolas, faixas colgadas nas estradas ou pancartas pegadas en paredes e marquesiñas. 

Por iso, denunciou diante da Xunta electoral o abandono da propaganda electoral para que modifique a normativa e obrigue os partidos a facerse responsábeis de retirar toda a propaganda utilizada nun prazo determinado. Tamén presentou unha proposta en diversos concellos de todo o país nos que detectaron propaganda abandonada para que se actúe de oficio contra o que considera "actos incívicos" e que en moitos concellos vulneran a normativa que prohibe expresamente a pegada de carteis fora dos locais habilitados para tal efecto.

 

"CONTRADICIÓNS" DOS PARTIDOS

Carteis electorias do PSdeG nun muro
Carteis electorias do PSdeG nun muro | Fonte: Verdegaia

Neste sentido, lembra que unha simple análise dos programas electorais permite detectar "innumerabeis afirmacións que entran en clara contradición co modo en que os partidos xestionan os materiais que utilizaron durante a campaña electoral". Así, recolle que o PP destaca no seu programa que dará "axudas directas ás empresas que desenvolvan iniciativas de prevención de residuos ou de preparación para a reutilización”. 

Pola súa banda, o BNG destaca que "desde sempre o propuxo e defendeu unha política de residuos baseada na prevención (antes denominada redución), na recuperación e na reciclaxe”. Do PSdeG, que aposta por "aumentar a porcentaxe de residuos reciclados e minimizando aqueles que non reciben tratamento” e de En Común que avoga por "unha nova xestión de residuos sustentable ambientalmente”

"Perante tal nivel de incoherencia, é de esperar que estas organizacións teñan realmente vontade de solucionar os problemas aos que se afronta o país e en concreto a xestión de residuos?", pregúntase Verdegaia.

Carteis electorais do BNG abandonados logo das eleccións
Carteis electorais do BNG abandonados logo das eleccións | Fonte: Verdegaia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 partidos

Incríble que en 2020 ainda suceda esto.