O PP afirma que Galicia "segue resistindo" os efectos da pandemia "mellor" que o resto de España

Os "populares" galegos fan esta estimación xusto o día que se dan a coñecer os datos do desemprego de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 19:53

Comparte esta noticia

osO PP valorou este xoves, xornada en que se coñeceron os datos de paro de agosto, que Galicia "segue resistindo" os efectos da pandemia de COVID "mellor" que o resto de España e que, a pesar da crise, "segue creando emprego".

Así o trasladou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, quen lembrou que o número de afiliacións á Seguridade Social creceu por cuarto mes consecutivo, con 7.126 cotizantes máis. "Estes datos sitúan a Galicia como a segunda Comunidade Autónoma, en termos absolutos, que máis emprego crea", destacou.

Por outra banda, aínda que o paro creceu en Galicia en agosto (en 1.640 persoas), a comunidade galega "é a terceira que acusa un menor ritmo de subida en termos relativos", un incremento de 9 puntos menos que o conxunto do país.

O PP insistiu en que Galicia "necesita dun goberno que siga impulsado medidas acertadas para o crecemento económico e a creación de emprego, do mesmo xeito que veu facendo na última década". A ese respecto, Miguel Tellado sinalou que o próximo executivo autonómico "volverá aplicar políticas que axuden a Galicia a saír desta crise, como xa logrou na anterior recesión económica".

Así, o secretario xeral do PPdeG aplaudiu o anuncio de Núñez Feijóo, durante o debate de investidura, de convocar unha mesa de diálogo social para avanzar na recuperación, e puxo en valor a "experiencia" do presidente en funcións "na xestión de momentos complicados", así como a súa capacidade para "seguir levando a Galicia pola senda do crecemento, a creación de emprego e a estabilidade".

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa
O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, en rolda de prensa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta