Queda controlado o incendio forestal de Viana do Bolo e o de Manzaneda está estabilizado

Os efectivos de extinción lograron controlar pasadas as 19,00 horas deste mércores o lume iniciado na parroquia de Vilarmeao, en Viana do Bolo e que, segundo as estimacións actualizadas, afectou a unhas 24 hectáreas de monte raso.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2020 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia



A Consellería do Medio Rural deu por controlado o incendio forestal que desde a noite deste martes afectaba o municipio ourensán de Viana do Bolo, mentres que continúa estabilizado en de Manzaneda.

En concreto, os efectivos de extinción lograron controlar pasadas as 19,00 horas deste mércores o lume iniciado na parroquia de Vilarmeao, en Viana do Bolo e que, segundo as estimacións actualizadas, afectou a unhas 24 hectáreas de monte raso --inicialmente apuntáronse ata 40--.

Pola súa banda, continúa estabilizado desde pouco antes das 5,00 horas da madrugada o incendio iniciado ás 22,13 horas do martes no municipio ourensán de Manzaneda, concretamente na parroquia de Reigada, que queimou unhas 20 hectáreas.

Este municipio ourensán rexistrou durante a madrugada ata cinco incendios forestais. Así, tamén esta estabilizado outro lume rexistrado nesta mesma parroquia de Reigada e os efectivos de extinción lograron controlar dúas en San Miguel de Bidueira e outro en Cernado. Ningún deles supera as 20 hectáreas de afectación.

Incendio .. Rosa Veiga - Europa Press
Incendio .. Rosa Veiga - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta