Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 12:54
Os falecementos de persoas diagnosticadas con COVID-19 en Galicia elévanse a 651 desde que comezou a pandemia tras a morte dunha persoa usuaria da residencia Orpea de Culleredo.
A Consellería de Sanidade informou no parte sobre a incidencia da COVID-19 deste xoves do deceso, rexistrado no propio centro residencial na xornada do mércores.
Este mércores notificáronse seis falecementos na Comunidade, todos eles en hospitais. As mortes subiron nas últimas semanas, co aumento dos brotes e os contaxios na Comunidade galega.
Desde a 'nova normalidade' rexistráronse un total de 31 decesos, o primeiro deles, o dunha muller o pasado 7 de agosto en Ourense. Antes diso, Galicia encadeara case dous meses --desde o 10 de xuño-- sen falecementos por esta enfermidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.