Os educadores sociais reinvidican o seu traballo no inicio do curso escolar

Só 5 comunidades teñen regulada a figura de educador social, entre as que non está Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia denuncia que, en España, só 5 comunidades teñen regulada a figura de educador/educadora social nos seus sistemas educativos: Extremadura, Castilla-La Mancha, Andalucía, Baleares e Canarias. "Os Gobernos de cada Comunidade, con distintas prioridades políticas e diferentes sensibilidades cara os dereitos da Infancia, deben abordar xa a intervención socioeducativa na escola desde a acción da educación social", indican. 

Cartel polo Día Internacional da Educación Social
Cartel polo Día Internacional da Educación Social | Fonte: Ceesg.

A longa lista de problemas e realidades que hai que xestionar nos centros educativos aconséllano: convivencia, absentismo, maltrato, violencia, desigualdade, diversidade, carencia de recursos, etc. Os centros educativos necesitan con urxencia facilitadores no social e no educativo que sexan ponte entre dentro e fóra das paredes da aula.

Extremadura é a primera comunidade que toma a iniciativa en España no ano 2002. Na actualidade todos os cursos de secundaria desta autonomía contan con profesional da educación social

Javier Pérez é profesor técnico de Servizos á Comunidade en Extremadura. A súa tarefa enmárcase dentro do Servicio de Programas Educativos. A experiencia de 18 cursos co traballo activo do profesional da educación social fixo que en Extremadura sexan profesionais de referencia imprescindibles no sistema educativo. “Os profesionais da educación social convertíronse nunha figura de referencia nos centros educativos”, afirma.

"A figura do profesional da educación social é un referente próximo para as nenas, nenos e adolescentes, o que facilita o seu traballo e beneficia a todos”, conclúe. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta