Feijóo fai súa a proposta de Pedro Sánchez e pide, agora, sacar a sanidade do debate político

O presidente galego amosase aberto a un pacto cos grupos da oposición pero lembra que o PP ten maioría absoluta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 16:01

Comparte esta noticia

O candidato do PPdeG a ser investido presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, respondeu á oposición mostrándose aberto ao pacto --sobre todo no ámbito da reactivación económica-- e pediulle "axuda" fronte a unha situación, a da pandemia do coronavirus, "nunca" vivida en España nin en "ningunha das partes que a compoñen", incluída "esta nacionalidade que se chama Galicia".

Neste escenario, á marxe de activar unha comisión parlamentaria para tratar de buscar un pacto para a reactivación económica de Galicia, o dirixente popular considerou fundamental "sacar" a sanidade do debate político, e tratar de buscar o "consenso" tamén nas políticas que incumben a este ámbito. Unha petición que xa fixo hai uns días o presidente español, Pedro Sánchez, sen que a súa mensaxe cuallara no Partido Popular.

Á marxe das chamadas ao pacto, Feijóo admitiu que terá que haber disensos entre as distintas forzas e subliñou o papel que terá o PPdeG, que ampliou a súa maioría absoluta na cita coas urnas do pasado 12 de xullo. Previamente, Pontón e Caballero pedíronlle ao presidente galego que deixe a Galicia dos anuncios e traballe pola Galicia real.

O candidato do PP á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de investidura no Parlamento de Galicia.
O candidato do PP á Presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na sesión de investidura no Parlamento de Galicia. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta