Un incendio nun piso do Grove deixa dous cans mortos

As chamas orixináronse nunha campá extractora e afectaron os mobles e á cociña do piso.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 03/09/2020 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Dous cans morreron na tarde deste xoves ao incendiarse unha vivenda situada na rúa Castela e León, no municipio pontevedrés do Grove.

Segundo a información do 112-Galicia, foi un particular o que chamou ás 15,30 horas a emerxencias para informar de que saía fume do seu piso. Aínda que non había persoas dentro, indicaba que no interior había dous cans.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Salnés e do GES de Sanxenxo, así como Protección Civil e Policía Local. As chamas orixináronse nunha campá extractora e afectaron os mobles e á cociña do piso.

Servizo de emerxencias 112
Servizo de emerxencias 112

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta