Bugallo confía en que a finais de setembro "se afrouxen" as restricións pola pandemia en Santiago

O rexedor pide compresión aos sectores afectados e defende as medidas para evitar outras "máis drásticas" nas próximas semanas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confía en que as medidas impostas pola Consellería de Sanidade en Santiago para o control da pandemia "se afrouxen" a finais do presente mes de setembro, á vez que pediu comprensión para unhas restricións que afectan esencialmente o sector da hostalaría e que cre xustificadas en aras de evitar imposicións "máis drásticas" a curto prazo.

Así o dixo nunha rolda de prensa celebrada este venres no Pazo de Raxoi, sede do concello compostelán, onde o primeiro edil destacou que a incidencia do virus na capital galega "é significativamente inferior" ao resto de áreas polo que as medidas decretadas polo Goberno autonómico "son esencialmente preventivas".

Deste xeito, pediu compresión aos veciños da cidade, especialmente en sectores "moi golpeados" pola crise como a hostalaría. "Aínda que (as restricións) nos poidan parecer excesivas e non as compartamos, poden evitar que se tomen outras máis drásticas e máis importantes", sinalou o rexedor.

Bugallo apuntou que Santiago se enfronta aos "retos" do regreso das vacacións e a volta da actividade escolar e universitaria, polo que ve xustificado que Sanidade impoña unhas medidas que espera que "a finais de setembro" poidan "afrouxarse" para "normalizar máis" a situación en Compostela.

Cuestionado polas queixas emitidas desde o sector hostaleiro da cidade, o rexedor dixo que o goberno local está "a estudar en profundidade" as normas "complexas" decretadas por Sanidade para tratar de axudar aos negocios, para os que propón a instalación de biombos de separación nos establecementos. Neste sentido, considera que a limitación de horarios de apertura "reduce riscos" posto que "todas as imaxes que ven de grandes excesos, de grandes irresponsabilidades non son ás 9 da mañá, adoitan ser a horas intempestuosas".

COMPETENCIAS EN EDUCACIÓN

Por outra banda, o rexedor informou que as competencias da área de Educación será asumidas directamente pola Alcaldía en colaboración co resto de departamentos despois da saída da actual responsable, Noa Díaz, quen leste mesmo venres formalizou o seu adeus á política local para centrarse na súa tarefa como deputada do PSdeG no Parlamento de Galicia.

"Non imos escatimar medios humanos nin materiais para garantir que todo estea operativo", comentou Bugallo, que subliñou que a seguridade, unida a "axudar a quen máis o necesita", será a "prioridade absoluta" nas próximas semanas, nas que se producirá a reactivación da actividade lectiva a todos os niveis.

O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA (YOUTUBE)
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo. CAPTURA (YOUTUBE) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta