José Luis García deixa a alcaldía de Brión tras 41 anos no cargo

Aduce motivos persoais e familiares que lle impiden centrarse no seu labor como alcalde.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 14:42

Comparte esta noticia

O rexedor de Brión, José Luís García, abandonará a política activa o vindeiro mércores, cando cederá nun pleno ordinario ao seu tenente de alcalde o bastón de mando do municipio coruñés que goberna desde o ano 1979.

O seu adeus, radicado en razóns familiares, supón a despedida dun dos rexedores máis lonxevos de Galicia e do Estado. García logrou o bastón de mando nas primeiras eleccións muncipales tras a restauración da democracia, en 1979.

Desde entón, primeiro como independente e desde o ano 2007 ligado ao PSOE, mantívose á fronte deste concello situado na comarca de Santiago. En declaracións a Europa Press este venres, García confesa que existen motivos persoais e familiares que lle impiden centrarse no seu labor como alcalde no que se comprometeu a que fora o seu último mandato.

Deste xeito, dirá adeus á corporación o vindeiro mércores nun pleno ordinario que abrirá unha nova etapa na que confía que se dea continuidade ao traballo realizado no últimas catro décadas, nas que Brión se converteu "nun exemplo".

José Luis García, alcalde de Brión
José Luis García, alcalde de Brión | Fonte: concello de Brión

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta