Feijóo asegura que Sánchez debe mostrar "os parámetros" para que as CCAA elaboren os seus orzamentos

Coincidiu con outros mandatarios na necesidade de coñecer "o límite de déficit, a porcentaxe de débeda pública, o escenario de ingresos, as entregas a conta e a liquidación do pasado exercicio".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/09/2020 | Actualizada ás 18:08

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou este venres ao titular do Executivo central, Pedro Sánchez, que "concrete os parámetros" financeiros, entre eles o límite de déficit e de débeda pública, para que as comunidades poidan elaborar os seus orzamentos do 2021.

Así o manifestou durante a conferencia de presidentes autonómicos, tras a cal compareceu en rolda de prensa na que fixo un chamamento a que "o bloqueo" político que sofren os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) desde o ano 2018 --están prorrogados os que aprobou entón o Executivo de Mariano Rajoy-- non "contaxie" e "bloquee" a aquelas comunidades con gobernos "con capacidade" para aprobar as súas propues contas.

Por iso, coincidiu con outros mandatarios na necesidade de coñecer parámetros como "o límite de déficit, a porcentaxe de débeda pública, o escenario de ingresos, as entregas a conta e a liquidación do pasado exercicio".

"En definitiva, pedimos ferramentas para poder cumprir co noso labor político e responsabilidade, como é elaborar as contas do 2021", resumiu.

CPFF E FONDOS EUROPEOS

Así a todo, Feijóo, quen este sábado tomará posesión por cuarta vez como presidente da Xunta, saudou que "por fin" o Goberno convocará o Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) --órgano no que a ministra de Facenda, María Jesús Montero, reunirase os responsables desta carteira en cada comunidade-- para este mes de setembro.

"Veremos se isto é así, que supoño que si porque o presidente se comprometeu; e por tanto veremos se podemos empezar a diminuír o tempo perdido que levamos desde o mes de xullo sen ningún dato orzamentario no Estado das autonomías", apuntou.

Non en balde, Feijóo tamén insistiu en que se celebre "xa de forma inmediata" unha "conferencia sectorial" para abordar o fondo europeo de reconstrución, que chegará a España no "segundo semestre do 2021", segundo lles trasladou Sánchez e comentou o mandatario galego, e as condicións nas que cada autonomía deberá presentar os "proxectos tractores" para participar na repartición.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa entrada á conferencia de presidentes do 4 de setembro do 2020.. XUNTA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa entrada á conferencia de presidentes do 4 de setembro do 2020.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta